| |
No
ano 1997 estudiose como proceder á informatización das
bibliotecas pertencentes a rede municipal de bibliotecas de Galicia.
É nese ano, cando fraguase o Proxecto Meiga.
Tíñamos que aproveitar o pulo do desenvolvemento das
novas tecnoloxías, non quedar descolgados, e daquela ainda
tíñamos tempo de actualizar a nosa rede para superar
un déficit que xa se facía moi pesado. Era necesario
dotar ás bibliotecas de instrumentos da denominada ‘Sociedade
da Información’. E esta aposta tiña que ser duradeira
no tempo, xa que o nivel de evolución das novas tecnoloxías
e xeométrico. O primeiro obxetivo foi o de crear unha aplicación
básica que se poidera instalar en calquera ordenador. Así
pois a Consellería de Cultura, baixo a supervisión do
Centro Superior Bibliográfico de Galicia, diseñou Meiga.
Meiga viña a ser o primeiro eslabón
na cadea da actualización da rede de bibliotecas municipales
galegas.
Despois dun primer estudio da situación informática
das bibliotecas da rede, se chega á conclusión de que
a primeira versión debería facerse para entornos operativos
MS-DOS. Naquel momento as bibliotecas eran unha colección de
centros desconectados entre sí e da rede que apenas tiñan
acceso a internet, redes de PC'S, etc., soamente contabamos con 40
bibliotecas que aportaban algún tipo de ordenador. Esta versión
foi integramente feita polo persoal do Centro Superior Bibliográfico
de Galicica.
Así en xullo de 1997 presentouse a primeira versión.
A distribución do programa foi paralelo ó de adxudicación
de equipamento de hardware. Este equipamento consistía nun
ordenador con modem de comunicacións e unha impresora de chorro
de tinta.
O producto resultante foi unha aplicación de distribución
gratuita, de sinxela utilización e configurable polo usuario,
que cubría as necesidades básicas dunha biblioteca para
catalogación (básicamente monografías), recuperación
e préstamos. Tamén instalable en rede e sen límite
de usuarios.
A
aposta do C.S.B.G. foi, nesta primeira versión, a de
conseguir poñer a disposición de tódalas
bibliotecas da rede un sistema informático único
que acabara ca proliferación de pequenas bases de datos
cada cal distinta e sen ter en conta, a maioría das
veces, normas estandar de estructuración e representación
de datos. |
Polo tanto esta primeira versión supuso un primeiro paso para
ordenar e armonizalos sistemas espallados pola nosa rede. Paso moi
importante cara á creación dunha auténtica rede
de bibliotecas interconectadas e con capacidade de intercambio de
datos.
A primeira compilación foi en xullo de 1997 e a última
foi en xaneiro de 1999, o número total de programas feitos
foi de 130 e actualmente aínda queda alguha biblioteca traballando
con esta versión, o que da idea da robustez do programa.
| XANEIRO
1998 |
 |
Meiga3
WINDOWS |
Entre decembro de 1997 e xaneiro de 1998 aparece a versión
para sistemas operativos Microsoft Windows 95 e superiores.
Ca distribución do programa na versión en MS-DOS, víuse
na práctica, as carencias e problemas xurdidos polo manexo
do programa. A partir deste momento a participación dos bibliotecarios,
cas súas subxestións, fai posible o desenvolvemento
doutra versión do programa correxido en MS-DOS e a nova para
sistemas operativos WINDOWS.
Esta revisión do programa é practicamente similar á
versión para MS-DOS pero con incorporación das suxestións
dos bibliotecarios.
Supuso
unha actualización da aplicación ás novas
tecnoloxías do momento e o inicio da participación
dos bibliotecarios da rede na elaboración do programa.
Pódese decir que esta versión foi unha ponte
cara a elaboración dunha aplicación moito mais
adaptada as necesidades reais dos bibliotecaros e mais completa.
|
Dende xaneiro de 1998, que empezamos a distribución desta versión
para WINDOWS, ata xaneiro de 1999, solapábase a distribución
das aplicacións, xa que a distribución dun ou doutro
(MS-DOS ou WINDOWS) dependía do sistema que tiña nese
momento a biblioteca.Tanto un como outro eran de similares prestacións
e similares campos de traballo. Como é normal o entorno WINDOWS
impúsose e desapareceu prácticamente o Meiga
3 para MS-DOS e en xaneiro de 1999 compilouse o último,
continuando a distribución para WINDOWS.
Paralelamente houbo un proceso de reconversión de aplicacións
de MS-DOS a WINDOWS. Proceso sinxelo xa que as estructuras da información
eran similares.
| FEBREIRO
2001 |
 |
Meiga
2001 WINDOWS
(velo recorte de prensa) |
En
febreiro do 2001 presentouse a nova versión Meiga 2001
tamén para sistemas operativos Windows 9X e superiores.
O ritmo de actualización que levaba o proxecto dende o principio
veuse relantizado durante este tempo, xa que dende xaneiro de 1998
ata febreiro do 2001, non se actualizou o sistema. Foron tempos dificiles
para o proxecto que veuse con pouco apoio. Sen embargo o ritmo do
crecemento das instalacións de MEIGA non se
correspondía co pouco apoio que tiña dende dentro, e
as demandas de programas desbordou tódolos cálculos
posibles xa que, debido á multidude de peticións, o
sistema xeneralizouse a outros tipos de bibliotecas. Agora a aplicación
instalouse en asociacións culturais, centros de información
xuvenil, departamentos oficiáis, fundacións, museos,
centros escolares, etc.
Esta versión aportou un salto cualitativo moi importante. É
certo que o cambio foi en tódolos sentidos, incluso na apariencia.
Unha pantalla única para catalogar. Tratamento de campos con
múltiples valores e mantemento independente de ficheiros de
autores, materias, CDU, editoriais, series e lugares. Formato MARC.
Programas de OPAC, para nenos e xeral, independentes con manexo de
ficheiros multimedia (son, imaxes estáticas, imaxes en movemento).
Programas de importación e exportación en 2709 e en
formato Meiga.
En definitiva a posta en funcionamento desta versión
supuso a adaptación dos datos das bibliotecas ó
formato MARC. As nosas bibliotecas xa non tiñan os
datos aillados e podían ser exportados a outros sistemas
que soportaran dito formato. E o que é mais importante
MEIGA podía importar datos de grandes
sistemas bibliotecarios en formato MARC. |
Novamente
remitíuse a aplicación a tódalas bibliotecas
que eran usuarios da versión anterior Meiga3.
En xaneiro de 2002 distribuironse 550 aplicacións das que 245
aproximadamente correspondían a actualizacións.
En xaneiro de 2004 chegamos a 1160 aplicacións compiladas.
É un número moi importante que da que pensar e sacar
moitas conclusións da magnitude ó que chegou o proxecto.
A destacar son os grupos de bibliotecas municipais e axencias de lectura
con 344 programas distribuidos, 303 a centros de ensino e 167 a institucións
diversas (arquivos, asociacións, fundacións, museos,
residencias universitarias, etc.).
De todolos xeitos, no Proxecto Meiga, quedaba un
grande reto por acometer: o reto das comunicacións e o de da-la
posibilidade de publicar os catálogos na rede, e consecuentemente,
o de dar este servicio a tódolos usuarios de internet. Estos
novos servicios dan a conciencia de estar en rede.
| ANO
2004 |
 |
Proxecto
Meiga
WINDOWS |
Esta é a imaxe da última revisión do Proxecto
Meiga. Basada na versión anterior e mellorada en moitos
aspectos.
Na catalogación, MEIGA incorpora os módulos
de catalogación de prensa periódica, catalogación
analítica, materiais especias, etc., en definitiva está
preparado para catalogar calquera tipo de material. Novas utilidades
para os usuarios que permiten a parametrización da pantalla
de catalogación individual e por usuario. O usuario selecciona
os campos que vai a utilizar e mesmo a posibilidade da visualización
ou non do rexistro en formato MARC. A catalogación convirtese
nun proceso sinxelo, en formato MARC e sen ter coñecementos
do mesmo. Pero o que máis chama a atención é
a posta en funcionamento do chamado "Axente de importación",
que permite a incorporación de rexistros bibliográficos
doutros entornos automáticamente. Co desenvolvemento deste
sistema, MEIGA, convírtese nun programa diseñado
para recibir rexistros doutros sistemas.
O OPAC de consulta está adaptado ás novas tendencias
de buscas por valor único e selección de distintos campos
e modos. Incorpora maiores funcionalidades de vinculación con
ficheiros multimedia, hipervinculos, etc.
O que marca a diferencia desta versión das anteriores
é a posta en funcionamento dos módulos de comunicacións.
Estes son o de "Consulta Web no Entorno de Internet"
e o de "Mensaxería no Entorno Windows"; potentes
sistemas que permiten o acceso ós catálogos
e ás comunicacións entre usuarios MEIGA.
Redes virtuáis, catálogos compartidos, catalogación
cooperativa son conceptos reáis ca posta en funcionamento
desta versión. |
Esta
nova versión estáse a probar en varias bibliotecas da
rede, e espérase a súa distribución no primeiro
trimestre do ano 2004. Se queres visitar a páxina de consulta
de catálogos é: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org
|
|
|