Estas
son as pantallas de catalogación,
plantillas de usuarios marco e de
usuarios da aplicación. As
tres están relacionadas xa que según elixamos as
opcións na pantalla de usuarios e seleccionemola plantilla
marco teremos mais ou menos campos de traballo na pantalla de
catalogación ou veremos os códigos MARC.

A
pantalla de catalogación funciona de xeito que a incorporación
dos valores faise dende un único campo no inferior da mesma,
agás os campos que poidan ter múltiples valores.
Destacan duas frechas, unha cara arriba e outra cara abaixo. A
que apunta cara abaixo serve para capturar
un rexistro en base ó ISBN dun catálogo
central de referencia e a que apunta cara arriba serve
para incorporar rexistros no catálogo
de referencia. Este servicio de descarga
é especialmente útil xa que cun lector
de código de barras pódese incorporar rexistros
automaticamente a nosa base de datos. Outro xeito de incorporar
rexistros é en base a o "axente
de importación" que automatiza a catalogación
por medio de descargas en ISO 2709,
formato muy difundido polo que tamén é un xeito
doado de incorporar rexistros a nosa base de datos.
Quero vela descarga dende o catálogo central de referencia.
Quero vela descarga dende outras bases de datos (via web ou con
clientes Z).