| |
Ainda que nace como unha aplicación de xestión de bibliotecas,
e que esa é a súa misión principal, non se debe
olvidar que o Proxecto alcanzou outras dimensións como son
entre outros as de automatización dos procesos de catalogación,
préstamos, normalización de datos bibliográficos,
procesos de intercambio de información pola rede...;en definitiva,
a integración de nosas bibliotecas nunha rede e a incorporación
delas na nova sociedade da información.
Ve-la portada dun libro a consultar, escoitar un tema dun CD de música,
ver un trailer dunha película, ler comentarios sobre un rexistro
ou simplemente leer libros electrónicos en línea é
unha realidad con MEIGA.
O proxecto naceu no ano 1997, dirixido polo Centro Superior Bibliográfico
de Galicia ca intención de crear un sistema básico,
integral e único para a xestión de bibliotecas pertencentes
á rede de bibliotecas de Galicia. De sinxela utilización
e configurable polo usuario, cubre as necesidades básicas dunha
biblioteca para catalogación, recuperación e préstamos,
tamén adáptase a estándares de importación
e exportación en formato MARC, ISBD, reservas, estatísticas,
etc..., manexando todo tipo de ficheiros multimedia convírtese
nunha atractiva ferramenta de consulta para o público e unha
potente aplicación para o bibliotecario.
MEIGA é executable en calquera ordenador que
dispoña de sistemas operativos MS-DOS, Windows 95, 98, Me,
2000, NT, XP. Funciona tanto en monoposto como en rede, non habendo
recorte no número de usuarios, de rexistros, etc...
MEIGA distribúese de forma gratuita,
pola Dirección Xeral de Promoción Cultural; entrégase
cun manual e dous programas para postos de consulta ó público:
un para nenos e outro para o público en xeral.
Co servicio de comunicacións integrado dentro do propio programa
os usuarios teñen a posibilidade de acceder a redes virtuáis
de bibliotecas, chats, mensaxes, conversas, comunicación co
servicio de mantemento, consulta dos catálogos, incorporación
de rexistros, etc..., e todo en tempo real.
O motor de búsqueda web e o editor dixital de bases de datos
son outros dos productos MEIGA. Dada a súa
flexibilidade e adaptabilidade está instalado en distintos
tipos de bibliotecas: museos, fundacións, asociacións
culturais, centros escolares, etc..., pódese utilizar como
ferramenta pedagóxica na aúla, en programas de fomento
da lectura, contando cun amplo respaldo da Comunidade Educativa. A
extraordinaria expansión que tivo esta aplicación dende
o seu inicio, fai do PROXECTO MEIGA un proxecto único
e orixinal da nosa Comunidade Autónoma e no resto de España. |
|
|